miércoles, 14 de abril de 2021

NA BEIRA DO MAR



NA BEIRA DO MAR
Ollos verdes son traidores,
Ollos verdes son traidores,
os azuis son mentireiros,
os negros e acastañados
son firmes e verdadeiros.
Os negros e acastañados
son firmes e verdadeiros.
Na beira, na beira, na beira do mar
había unha barquiña pra ir a navegar.
pra ir a navegar, pra ir a navegar
Na beira, na beira, na beira do mar.

Cinco sentidos nós temos,
Cinco sentidos nós temos, 
os cinco necesitamos
pero os cinco perdemos
cando nos namoramos.
pero os cinco perdemos
cando nos namoramos.
Na beira, na beira, na beira do mar
había unha barquiña pra ir a navegar.
pra ir a navegar, pra ir a navegar
Na beira, na beira, na beira do mar.

Non sei que terán os mares
Non sei que terán os mares, 
miro sen ver o que vexo,
pero a pesar de non verte
sei moi ben como te quero.
pero a pesar de non verte
sei moi ben como te quero.
Na beira, na beira, na beira do mar
había unha barquiña pra ir a navegar.
pra ir a navegar, pra ir a navegar
Na beira, na beira, na beira do mar.

Hoxe vinte pasar a ría
Hoxe vinte pasar a ría, 
cuns zoquiños de madeira,
ías tan remangadiña
ó pasar pola ribeira
ías tan remangadiña
ó pasar pola ribeira
Na beira, na beira, na beira do mar
había unha barquiña pra ir a navegar.
pra ir a navegar, pra ir a navegar
Na beira, na beira, na beira do mar.

Non veño para cantarche
non veño para cantarche, 
aínda que esteas esperando,
que a túa cadela e a miña
por cantar están chorando.
que a túa cadela e a miña
por cantar están chorando.
Na beira, na beira, na beira do mar
había unha barquiña pra ir a navegar.
pra ir a navegar, pra ir a navegar
Na beira, na beira, na beira do mar.