jueves, 11 de mayo de 2017

XIRAREI


Cando mais te vexo 
mais me atroxo 
e que xeito do teu corpo 
vai facendo que eu me sinta 
mais coitado que un rapaz 

Teñolle mais medo 
ó teus ollos feiticeiros 
có numbrado dunha noite 
de meigallos 
chea de agoiros 
do mal 

E pra namorarte 
Xirarei 
Xirarei coma a roda do muiño 
Xirarei nas tuas augas de muller 
Xirarei un por un os teus camiños 
pra namorarte ,xirarei e xirarei 

Xirarei como ti digas e queiras 
pra buscarche a beirada xirarei 
E ben ei que coa miña foleira 
Namorareite e xirarei e xirarei 

Eres coma unha pomba viaxeira 
que voando estás na feira das mentiras e verdades 
e non sabes onde vas 

Cando mais te vexo 
mais me atroxo 
e que xeito do teu corpo 
vai facendo que eu me sinta 
mais coitado que un rapaz