jueves, 11 de mayo de 2017
XIRAREI
Cando mais te vexo
mais me atroxo
e que xeito do teu corpo
vai facendo que eu me sinta
mais coitado que un rapaz
Teñolle mais medo
ó teus ollos feiticeiros
có numbrado dunha noite
de meigallos
chea de agoiros
do mal
E pra namorarte
Xirarei
Xirarei coma a roda do muiño
Xirarei nas tuas augas de muller
Xirarei un por un os teus camiños
pra namorarte ,xirarei e xirarei
Xirarei como ti digas e queiras
pra buscarche a beirada xirarei
E ben ei que coa miña foleira
Namorareite e xirarei e xirarei
Eres coma unha pomba viaxeira
que voando estás na feira das mentiras e verdades
e non sabes onde vas
Cando mais te vexo
mais me atroxo
e que xeito do teu corpo
vai facendo que eu me sinta
mais coitado que un rapaz